martes, 13 de diciembre de 2016

DÚAS FRONTES ATRAVESARÁN GALICIA ESTA SEMANA

Imaxe de satélite infravermella das 8:45h de hoxe Martes

Estamos tendo xornadas de Primavera na comunidade, mesmo tamén en moitos puntos da Península, xa que temos tempo seco e temperaturas moi elevadas para a época do ano, con valores que chegaron a superar os 22ºC en varios puntos de Galicia, como por exemplo en Vigo, Pontevedra, Tui.. etc. E con mínimas que non están sendo especialmente baixas, xa que tampouco temos moitas xeadas en zonas do interior de Lugo e Ourense.


Todo polo posicionamento dunha rexión de altas presións no centro do continente Europeo que nos deixa baixo a influencia de vento do sur/surleste e que vai impulsando masas de aire cálido cara a nosa zona, de aí as temperaturas que estamos tendo. Pero, mentras tanto, na zona Mediterránea con este fluxo de vento do leste/surleste as temperaturas son máis frescas e teñen chuvias en moitas zonas, o mundo ao revés!

Isto ten os días contados, xa que o anticiclón centroEuropeo perde algo de forza e as altas presións das Azores están retiradas algo cara o sur. A unión destos factores permitirá que durante esta semana se acheguen dúas vaguadas coas súas frontes asociadas que deixarán chuvias e, tralo seu paso, tempo máis fresco, xa máis propio para a época do ano na que estamos.

-A primeira fronte, este Mércores de madrugada

Precipitacións previstas polo modelo Europeo (ECMWF) na madrugada do Mércores 14

Esta fronte chegará esta mesma noite. Antes da súa chegada notaremos un aumento da intensidade do vento do surleste que nalgúns momentos poderá soprar con rachas intensas, de máis de 50 km/h, mesmo en zonas altas e expostas non se descarta que se cheguen ou mesmo se superen os 70-80 km/h. Durante o paso da fronte, a cal é estreita pero activa, teremos precipitacións que poden ser puntualmente fortes na marxe Atlántica, especialmente nas comarcas de Fisterra, Muros.. os modelos coinciden en poñer o máximo de chuvia por alí durante a vindeira madrugada, polo que ollo porque no momento máis intenso da fronte poderá chover con forza.

Xa mañá Mércores talo paso desta liña teremos unha xornada tipicamente post-frontal con ceo entre nubes e claros e chuvascos intermitentes, que serán máis probables na metade oeste e norte de Galicia, pero que irán remitindo ao longo da xornada á vez  que se abren grandes claros. Como é normal, esta fronte arrastra tras ela unha masa de aire máis fresco que fará descender as máximas en toda Galicia, notaremos entre 2/4ºC menos que hoxe, según zonas.

-A segunda, o Xoves pola tarde 

Precipitacións previstas polo modelo ECMWF para a tarde/noite do Xoves 15

A segunda fronte chegará na tarde do Xoves 15. Cabe resaltar que para esta liña aínda hai bastante incerteza sobre como nos afectará finalmente e con que intensidade, pero a día de hoxe as precipitacións máis intensas, como case sempre, na marxe Atlántica. Ao igual ca outra fronte, durante o a xornada do Xoves notaremos como o vento vai aumentando ata acadar refachos intensos do surleste en gran parte de Galicia.

Xa de cara a xornada do Venres de novo situación de inestabilidade, típico post-frontal con chuvascos intermitentes de intensidade puntualmente moderada que serán máis probables na metade norte de Galicia debido ao xiro de vento a compoñente norte. Este vento arrastra unha masa de aire frío que, de novo, fará descender as temperaturas máximas, mentras que as mínimas para o Venres subirán debido á presenza de nubes na noite do Xoves para o Venres.

Tras este episodio de chuvias na nosa comunidade, semella que a vaguada asociada á fronte do Venres se "estrangularía", é dicir, quedarían só aire frío entre as altas presións, formándose unha DANA (Depresión Aislada en Niveles Altos), ou unha BFA (Borrasca fría Aislada), provocando un temporal de levante que afectará, obviamente, á marxe Mediterránea a partir da fin de semana con precipitacións que serán fortes e de novo poderemos ter problemas en moitos puntos. 

Temos por diante, polo tanto, unha semana con algo máis de movemento, dúas frontes con chuvias e un descenso das temperaturas ata valores máis propios da época do ano. Polo tanto, se queres estar informado da última hora deste episodio, síguenos en Twitter e tamén na páxina de Facebook. 

Se este artículo che pareceu interesante, comparte! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario