lunes, 13 de junio de 2016

VINDEIROS DÍAS: CHUVIAS E TEMPO MÁIS FRESCO


Imaxe de satélite visible. 9:00 do Luns 13 de Xuño 2016

Estamos a mediados de Xuño e por agora a calor e o tempo Anticiclónico continúan sen instalarse na contorna da Península Ibérica, se ben é certo que, especialmente o Sur e Leste do País xa sufriron o primeiro embite de calor "serio" con temperaturas que chegaron a marcar 40ºC en puntos do interior de Andalucía.


Como viñemos comentando e analizando en Facebook e en Twitter nos últimos días, unha vaguada atravesará a Península durante esta semana, proporcionando chaparróns que serán fortes e con treboada en moitos puntos do territorio e un descenso das temperaturas que será notorio xa que quedaremos en valores baixos para a época do ano na que nos encontramos, mesmo non se descartan nevaradas nos puntos máis altos das nosas montañas. Todo debido a unha masa de aire frío marítimo que chegará impulsada pola borrasca que se situará en torno ás Illas Británicas, dende aí enviará un réxime de ventos do Oeste/Noroeste que canalizará toda esa masa de aire máis frío dende o Atlántico ata a Península.

A borrasca da que falamos está agora mesmo situada ao sur de Groelandia, tal e como vemos na imaxe de satélite anterior. Outro elemento importante a destacar é unha borrasca que, aínda que en dita imaxe non se ve, está saíndo de NorteAmérica cara o Atlántico. Esta borrasca será a responsable de impulsar a dorsal Anticiclónica a latitudes máis altas, e así deixarlle o camiño libre para que a "nosa" borrasca, a do Sur de Groelandia, nos afecte.

-Temperaturas baixas para a época do ano


Como xa comentamos, a borrasca instaurará un réxime de ventos do Oeste/Noroeste que canalizarán unha masa de aire máis fresco dende o Atlántico e que se deixará notar a partir do Mércores con valores baixos para a época do ano na que nos encontramos, con máximas que non pasarán nin chegarán a 20ºC en moitos puntos do Norte Peninsular!

Tempo moi fresco que incluso deixará nevaradas en cotas altas, por riba dos 1600 metros que non está nada mal para estar a mediados de Xuño! Na imaxe anterior vemos o que anteriormente vos comentaba, unha borrasca saíndo de NorteAmérica impulsando o Anticiclón cara latitudes altas mentras a nosa borrasca canaliza aire frío polo flanco leste do Anticiclón das Azores.

Fixádevos como, tamén, os amantes do fresco estamos na mellor zona, porque mirade que lingua de aire cálido  sube polo Mediterráneo e se cola ó NorEste de Europa, alí pasará o contrario do que acontecerá aquí, é dicir, mentras a nos a borrasca nos trae un tempo máis fresco con vento do Noroeste, por alí, ao estar nunha zona de ventos do Sur, a borrasca impulsa aire moi cálido dende África ata latitudes moi ó Norte.

-Chuvias e tamén algunhas treboadas

Na animación da esquerda observamos o movemento que farán as precipitacións dende hoxe ao mediodía ata a madrugada do Xoves. Canto máis oscura sexa a cor, máis abundantes serán as precipitacións. Como vedes as precipitacións dende mañá Martes e especialmente o Mércores, que é cando aparecen cores amarelas no oeste de Galicia, iso indica que as chuvias poden ser puntualmente fortes, aínda que serán intermitentes.


As precipitacións afectarán especialmente ao Norte da Península pero non se descarta que tamén vexamos chaparróns vespertinos no interior do País debido á calor acumulada e o aire frío en altura que teremos. Este aire frío en altura provocará tamén que teñamos algunhas treboadas, as cales son especialmente probables o Mércores, aínda que non se descarta que xa mañá Martes e o Xoves teñamos algún chuvasco que descargue con aparato eléctrico.

En principio, a inestabilidade continuaría con nós ata comezada a fin de semana, pero as precipitacións irán indo a menos, aínda que seguiremos sen acadar unha estabilidade plena, de momento, xa que os modelos insinúan que a longo prazo (vindeira semana), é posible que o Anticiclón das Azores nos "abrace" e que quedemos na súa influencia con sol e temperaturas en ascenso.

Este é un escenario posible, pero tamén outros modelos indican que a estabilidade non chegará por completo e polo tanto poderíamos seguir con bastantes nubes e mesmo algunhas precipitacións. Irémolo seguindo.

De momento, toca unha semana que en gran parte estará marcada pola inestabilidade, con temperaturas frescas para a época do ano e con chuvias que serán máis intensas e persistentes no oeste da comunidade onde tamén poderán vir con treboadas. Episodio que non estará nada mal para estar a mediados de Xuño, co Verán chamando ás portas!

 
Iremos seguindo a diario o que a atmósfera nos vaia deparado na nosa páxina de Facebook e tamén na conta de Twitter

Se este artículo che pareceu interesante, comparte!






No hay comentarios:

Publicar un comentario