viernes, 11 de marzo de 2016

TEMOS POR DIANTE UNHA FIN DE SEMANA DE SOL


Xornadas frías as que estamos tendo, pero con precipitacións que máis ben son escasas, en forma de chuvasco e que foron máis probables na metade norte de Galicia. Pouco a pouco as altas presións vanse ir movendo pola nosa contorna, influenciándonos e deixando tempo estable, seco e con ascenso das temperaturas máximas, aínda que as noites van seguir sendo frías.


E é que como xa vimos comentando estos últimos días en Twitter e tamén en Facebook, as altas presións iniciarán unha viaxe cara latitudes altas e no seu rumbo pasan pola Península. Dentro duns días instalarase un anticiclón de bloqueo no Norte de Europa, configurándose así unha circulación de vento de compoñente leste, polo tanto, polo menos na primeira metade de semana non cabe esperar precipitacións, e, de habelas, serían máis ben febles e de pouca importancia.

-PRONÓSTICO PARA ESTA FIN DE SEMANA


Como xa comentamos, durante a fin de semana estaremos influenciados polo Anticiclón que deixará tempo seco, ceo con poucas nubes e temperaturas en ascenso.

Sábado: Xornada moi tranquila que transcurrirá con ceo moi aberto aínda que algunhas nubes altas poderán decorar o ceo, non terán importancia. Na Mariña por mor do vento do Nordés pode acumularse algo de nebulosidade máis compacta. O vento soprará do Nordés, moderado no terzo Norte con algún refacho forte en Ortegal e na Mariña. Xa nas Rías Baixas o vento soprará frouxo e de dirección variable.

As temperaturas experimentarán un ascenso, acándose valores diurnos que rondarán os 15ºC, mesmo superándose este valor nalgúns puntos como por exemplo o Baixo Miño, temperaturas moi agradables ao mediodía, pero que se contrastarán cos valores das noites, xa que as mínimas descenderán, producíndose xeadas en gran parte do interior Galego.

Domingo: Continuaremos con tempo estable e coa mesma tónica que o Sábado. Día moi tranquilo con algunhas nubes altas que seguirán decorando o ceo, sendo, outro día máis, máis compactas na Mariña.

As temperaturas máximas ascenderán un chisco máis e xa se poderán acadar os 20ºC en zonas do Oeste e no val do Miño, ambiente moi agradable. As mínimas tamén ascenderán, entre 1/3ºC máis que a noite anterior co cal xa non hai que agardar xeadas en tantos puntos da comunidade.

Así pois, temos por diante unha fin de semana estable, pero os modelos numéricos comezan a ver unha configuración atmosférica que podería traer inestabilidade na Semana Santa á Península Ibérica. Estámolo seguindo en
Facebook e tamén en Twitter.
 
Un saúdo a todos os lectores deste blog!

No hay comentarios:

Publicar un comentario